26 oct 2009

NACE EN PONTEAREAS A SOCIEDADE GASTRONÓMICA "CACHELOS", PRIMEIRA SOCIEDADE GASTRONÓMICA DO CONDADO

Varios compañeiros e compañeiras do Condado acordaron a creación dunha Sociedade Gastronómica, na cal se realizarán diversas comidas e ceas con produtos do país e da tempada, ademais de aproveitar o momento para confraternizar.
Ademais de ter por obxecto a exaltación da amizade e do gusto pola boa comida e bebida dos produtos da terra, dende a Sociedade Gastronómica Cachelos se promoverán actividades culturais, preferentemente as relacionadas coa alimentación, a nutrición, a posta en valor dos produtos de tempada e a promoción da hostalería da zona, na que nun momento de crise como o que estamos a atravesar, precisan dun maior apoio para poder paliar os efectos da crise económica.
A Sociedade Gastronómica Cachelos, que no momento da súa fundación conta xa con máis de vinte asociados, está aberta a todos os veciños e veciñas que compartan o interese por un ocio saudable baseado nunha boa mesa e na boa compaña.
Para formar parte da Sociedade Gastronómica Cachelos só hai que cumprir dous requisitos, "ser veciño/a de O Condado ou ter unha propiedade no nosos territorio, e disfrutar do bo xantar".
Despois da constitución formal, en breve se celebrará o xantar constituínte.
Na primeira reunión, celebrada o pasado 22 de outubro de 2009, ademais de acordar o funcionamento e elixir a directiva da asociación, se acordou que ésta prepare unha asamblea - xantar nun local senlleiro da comarca, para degustar comida caseira e disfrutar de boa compañía e música.
O nome da Sociedade Gastronómica, "Cachelos", é unha homenaxe a un produto que paliou a fame nos tempos duros que vivimos os galegos: a pataca. A infinidade de pratos que inclúen os cachelos como parte básica na súa elaboración e/ou acompañamento, da unha mostra clara da importancia que tivo e ten o prezado tubérculo na nosa dieta.


Cómo poñerse en contacto coa Sociedade Gastronómica "Cachelos"?
Temos á disposición de todos e todas vos un blogue e un e-mail:



No hay comentarios:

Publicar un comentario