13 nov 2009

O Condado da renda solta ás súas enchentas

Aínda que con certo retraso La Voz de Galicia tamén tivo algo que dicir sobre a reunión da Sociedade Gastronómica Cachelos. Unha boa reportaxe a que aparece hoxe tanto na edición impresa como na dixital.

12 nov 2009

A Peneira do Condado recolle a nova da Sociedade


Adiantábamos onte que en canto saíra a edición dixital de novembro de A Peneira subiríamos a nova. o PROMETIDO É DÉBEDA.
Deixamos tamén o enlace do xornal.

11 nov 2009

O primeiro Xantar da Sociedade Gastronómica enche as novas dos xornais




A directiva da Sociedade Gastronómica Cachelos quere agradecer ao Atlántico Diario, a Morrazo Tribuna e a A Peneira a deferencia outorgada á nosa Sociedade adicándonos un espazo nos seus xornais.

Cando dispoñamos da edición de O Condado de A Peneira subiremos tamén a súa nova.


10 nov 2009

Fotografías da 1ª Asemblea Extraordinaria





A 1ª Asemblea da Sociedade Gastronómica Cachelos foi un bo comezo para a Sociedade e todos os que gozamos dela. Si queres ver as fotos da reunión e cómo preparamos o xantar visita o noso facebook Sociedade Gastronómica Cachelos, onde podes ser o noso amigo.

8 nov 2009

1ª Asemblea Extraordinaria da Sociedade Gastronómica Cachelos




O día 7 de santos do ano 2009 tivo lugar na parroquia de Padróns a 1ª Asemblea Extraordinaria da nosa sociedade. A Orde do día da Asemblea foi o seguinte:

- Intervención do honorable Presidente
- Melódica entonación do noso himno
- Gozada en compañía, de ricas viandas e bo viño segundo se detalla:

Crema de Boletos
Xabarín e Corzo con castañas, cachelos e salteado de cogumelos
Chulas de cabaza
Viño do Condado
Café e licor de café
Queimada

Á primeira Asemblea asistiron vintecatro asociados e fixemos público a noso logo. Estivemos preparando a cea dende as cinco da tarde e a retirada foi ás dúas da madrugada. O traballo de "cocinillas" estivo dirixido por Adonis na zona de preparación da carne; Pitusa, Lili e Sandra na zona de preparación de cogumelos, cremas e postres; Walter, Uxía, Karina e Sandra de pinches de cociña; Mari Carmen na preparación das castañas; Manolo na queimada; Juan á guitarra e Germán e Berto na pía.

Cantamos, comimos e bebimos. Pasámolo ben. A Sociedade Gastronómica Cachelos tivo unha presentación en sociedade de catro garfos.